Pobo masalit
Aparencia
Os masalit (en masalit: masara; en árabe: ماساليت) é un grupo étnico formado por unhas 250.000 persoas (datos de 1983 [1].) que viven na rexión Ouadai do Chad, especialmente ao longo da fronteira sudanesa. A súa lingua está relacionada co durambang, lingua nilo-sahariana falada polos maba. A pesar de ser maioritariamente musulmáns, manteñen moitas das súas prácticas preislámicas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazón externa
[editar | editar a fonte]- Massaleit.infoArquivado 20 de agosto de 2005 en Wayback Machine.