Saltar ao contido

Pobo onge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo onge
Representación dun home e dunha muller onge no museo de Calcuta.
Poboación
Poboación total:
101
Rexións principais:
Illas Andaman101 (censo de 2011)
Aspectos culturais
LinguaLingua onge
RelixiónRelixión tradicional (animismo)
Grupos
relacionados
Andamaneses

Os onge (tamén escrito önge, ongee ou öñge) son un pobo andamanés indíxena da illa da Pequena Andaman, nas Illas Andaman do sueste de Asia, no golfo de Bengala, na India. Tradicionalmente cazadores-recolectores e pescadores, tamén practican o cultivo de plantas. Foron designados como unha tribo rexistrada da India.[1]

Distribución das tribos andamanesas a comezos de 1800 e en 2004; os onge están sinalados en azul.

No século XVIII os onge distribuíanse por Pequena Andaman e as illas próximas, con algúns territorios e campamentos estabelecidos na Illa Rutland e no extremo sur da illa Andaman do Sur. Despois de atoparse con oficiais coloniais británicos, estabelecéronse relacións de amizade co Imperio Británico en 1800 a través do tenente Archibald Blair. O oficial naval británico M. V. Portman describiunos como o grupo "máis apacible, tímido e inofensivo" de andamaneses que atopou.[2][3] A finais do século XIX visitaban ás veces as illas Irmán do Sur e do Norte para capturar Quelonioideos1tartarugas mariñas; nese momento, aquelas illas parecían ser o límite entre o seu territorio e a zona de distribución dos grandes andamaneses máis ao norte.[3] Hoxe, os membros superviventes están confinados en dous campamentos da reserva en Pequena Andaman: Dugong Creek no nordeste e Baía Sur.

Poboación

[editar | editar a fonte]

O número de poboación onge reduciuse substancialmente tras a colonización, pasando de 672 en 1901 a apenas 100 segundo datos do censo de 2011.[4]:51[5] A poboación segue mantendo a súa identidade cultural e biolóxica, e parece que o número total pasou de 100 a 117 en 2017.[6]

Unha das principais causas do descenso da poboación onge son os cambios nos seus hábitos alimentarios provocados polo seu contacto co mundo exterior.[7] A mortalidade infantil sitúase no rango do 40%.[8] O índice reprodutivo neto dos onge é de 0,91.[9] O índice reprodutivo neto entre os grandes andamaneses é de 1,40.[10]

En 1901, había 672 onge; 631 en 1911, 346 en 1921, 250 en 1931 e 150 en 1951.[11][12]

  1. "List of notified Scheduled Tribes" (PDF). Census India. p. 27. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 7 de novembro de 2013. Consultado o 15 de decembro de 2013. 
  2. Weber, George. "Maurice Vidal Portman (1861–1935)". The Andamanese (Appendix A – Pioneer Biographies of the British Period to 1947). Arquivado dende o orixinal o 5 de agosto de 2012. Consultado o 2012-07-03. 
  3. 3,0 3,1 M. V. Portman (1899), A history of our Relations with the Andamanese, Volume II. Office of the Government Printing, Calcuta, India.
  4. Pandya, Vishvajit (1993). Above the Forest: A Study of Andamanese Ethnoanemology, Cosmology, and the Power of Ritual. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-562971-2. 
  5. "अंडमान में जनजातियों को ख़तरा" [Tribes endangered in the Andamans]. BBC News (en hindi). 30 de decembro de 2004. Consultado o 25 de novembro de 2008. जारवा के 100, ओन्गी के 105, ग्रेट एंडमानिस के 40–45 और सेन्टेलीज़ के क़रीब 250 लोग नेगरीटो कबीले से हैं, जो दक्षिण एशिया की प्राचीनतम जनजाति है: 100 of the Jarawa, 105 of the Onge, 40–45 of the Great Andamanese, and about 250 of the Sentinelese belong to the Negrito group which is South Asia's oldest tribal affiliation. 
  6. Raviprasad, B.V.; Ghosh, Amit Kumar; Sasikumar, M. (2020). "Survival, Continuity and Identity Among the Onge of Andaman and Nicobar Islands". Journal of the Anthropological Survey of India. Volume 69, Issue 1 69: 71–81. doi:10.1177/2277436X20927255. 
  7. Devi, L. Dilly (1987). "Sociological Aspects of Food and Nutrition among the Onges of the Little Andaman Island". Ph.D. dissertation, University of Delhi, Delhi
  8. "Ecocide or Genocide? The Onge in the Andaman Islands". Cultural Survival. Consultado o 4 de marzo de 2016. 
  9. A. N. Sharma (2003), Tribal Development in the Andaman Islands, page 64. Sarup & Sons, Nova Deli.
  10. A. N. Sharma (2003), Tribal Development in the Andaman Islands, page 72. Sarup & Sons, Nova Deli.
  11. "Journal of Social Research". Journal of Social Research (Council of Social and Cultural Research, Ranchi University Department of Anthropology, Bihar) 19. 1976. Consultado o 25 de novembro de 2008. 
  12. "Little Andaman: a chronology". Frontline (Chennai, India) 16 (9). 1999. ISSN 0970-1710.