Saltar ao contido

Pobo pawnee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo pawnee
Retrato de Sharitahrish por Charles Bird King, 1822.
Poboación
Poboación total:
4 878 (2010)[1]
3 240 rexistrados[2]
Rexións principais:
Aspectos culturais
LinguaLingua pawnee e sinais dos indios das chairas
RelixiónRelixión tribal tradicional
Grupos
relacionados
otoe, peoria e tonkawa.

Os pawnee (tamén paneassa, pari, pariki) son unha tribo de nativos americanos de lingua caddo, o nome da cal procede de paariki, 'corno', e que se chamaban Chahiksichahik, 'home dos homes'.[3] No presente, son unha tribo recoñecida federalmente como Nación Pawnee de Oklahoma, e ten catro bandas confederadas: os chaui, kitkehakhi, pitahawirata, e skidi.[4]

Localización

[editar | editar a fonte]

Vivían na conca media do río Platte, en Nebrasca. Viven en Oakland, Condado de Pawnee (Oklahoma), onde comparten reserva cos otoe, peoria e tonkawa. Pawnees notables foron Petalesharo, James Murie ou White Eagle.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Contra o 1702 eran 2 000 familias. Aumentaron a 10 000 en 1802, número que se mantivo estable en 1835, pero as doenzas e os ataques minguaron o seu número a 2 447 individuos en 1872 e a 1 521 en 1876, de xeito que en 1900 só quedaban 649, e en 1960 só restaban 1 149 pawnee en Oklahoma, dos cales 670 vivían no territorio da reserva. En 1980, eran uns 2 300 en Oklahoma, dos cales 200 aínda falaban a lingua pawnee, e algúns en Nebrasca e Kansas.

Segundo datos da BIA de 1995, na reserva pawnee vivían 954 individuos (2 462 apuntados na tribo).

Segundo datos do censo de 2000, había 2 485 pawnees puros, 487 mesturas con outras tribos, 1 246 mesturados con outras razas e 322 mesturados con outras razas e outras tribos. En total, 4 540 individuos.

  1. Censo dos Estados Unidos, 2010
  2. 2011 Oklahoma Indian Nations Pocket Pictorial Directory. Arquivado 24 de abril de 2012 en Wayback Machine. Oklahoma Indian Affairs Commission. 2011: 27. Consultado o 24 de xaneiro de 2012.
  3. Hyde 22
  4. "Preamble." Constitution of the Pawnee Nation of Oklahoma. Consultado o 14 de xuño de 2008.