Saltar ao contido

Podcast

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Podcasting»)
Unha icona dunha fonte de novas RSS, usada adoito para indicar o podcast dunha páxina web.
Radio portátil estéreo Wi-Fi/DAB+/FM/podcast/Bluetooth
Gravadora estéreo Wi-Fi/DAB+/FM/CD/MP3/WMA/USB/SDHC/pódcast con base para iPod
Receptor estéreo Wi-Fi/DAB+/FM/CD/USB/podcast. DRC = Dynamic Range Control

Un podcast[1] é un xeito de publicar ficheiros multimedia, habitualmente de son (en formato MP3 ou ogg), utilizando RSS para facilitar a subscrición. Os ficheiros quedan almacenados nun servidor de Internet, e os subscritores baixan os ficheiros automaticamente mediante un software de subscrición. Esta tecnoloxía asóciase á idea de radio baixo demanda, xa que permite aos ouvintes escoitar os programas de radio cando o desexen. Para alén da subscrición mediante feed RSS, os podcasts adoitan ter unha web, e un reprodutor de son online para facilitar a escoita.

O termo orixinouse o 12 de febreiro de 2004 pola combinación de broadcast co reprodutor de Apple Computer, iPod[2], creando unha contracción con ambas as palabras.

En galego

[editar | editar a fonte]

En outubro de 2005 publicouse o primeiro podcast en galego chamado e-music, un programa de música electrónica, arte e tecnoloxía dirixido por Isaac González e que tamén se emitía en CuacFM. Seguírono outros como Casatlántica de María Lado, Ouveos na noite de Zimer103 ou Areias Sonoras de Ictioscopio. A estes seguiríanos moitos outros ata a actualidade, que foron reflectidos en Podgalego.

Podgalego

[editar | editar a fonte]

En abril de 2006, a raíz da cantidade de podcasts en galego que se ían creando e coa intención de amosalos e ordenalos, así como dar a coñecer a tecnoloxía naceu Podgalego. Os principais creadores de podgalego foron Isaac González (do podcast e-music) e Uxío Broullón (de Areias Sonoras). A páxina, tras 7 anos de actividade e xunto cun certo declive do podcasting, desapareceu, aínda que no 2016 coincidindo co décimo aniversario apareceu de xeito renovado tamén coincidindo co novo auxe do podcasting por mor da expansión dos teléfono intelixentes.

  1. "podcast". TERGAL. Consultado o 21/11/2019. 
  2. Oxford University Press | Podcast

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]