Poemas do si e non
Poemas do si e non | |
---|---|
Autor/a | Álvaro Cunqueiro |
Ilustrador/a | Luís Seoane |
Cuberta | Luís Seoane |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galega |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Edicións Un |
Data de pub. | 1933 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Poemas do si e non é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1933 por Edicións Un con deseños de Luís Seoane. Foi reeditado pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980)[1]
Características
[editar | editar a fonte]Poemas do si e non (1933) está na liña do surrealismo e semella un especial conto erótico, unha historia de amor (desamor, elexía do amor) que ten lugar nunha verdadeira irrealidade espazo-temporal. Aparece nel un surrealismo ao noso xeito cun fondo accesíbel á emoción ou ao intelecto, sen automatismo aínda que con imaxes audaces, asociacións arbitrarias. Fundamentalmente hai nos seus poemas liberdade, recollendo elementos de todos os ismos, de toda a literatura que coñeceu.
Consta dun limiar, 3 partes proporcionadas na súa lonxitude e solidarias no contido ("Ela", "El", "Ela i El") e mais un epílogo, de 3 poemas.
Segundo o Diccionario da literatura galega:
"De sintaxe quebrada, aposicións extremas, imaxes irracionais e paradoxos que crean un discurso visionario, o libro organízase nunha estrutura de perfecta simetría distributiva que en esquema resulta un caligrama."[2]
Segundo Xosé Ramón Pena:
"En realidade, desde o noso punto de vista, coidamos que se está a falar de surrealismo neste poemario do mindoniense atendendo máis ben a unha inmediata asociación «surrealismo como imaxe onírica», e supoñendo, entón, unha fidelidade certa ás narracións do inconsciente, que a un verdadeiro seguimento, por parte do poeta de Mondoñedo, das teoría e técnicas de André Breton, Paul Éluard ou Louis Aragon, respecto das cales opera con auténtica licenza."[3]
Poemas
A ela e a min mesmo
-Limiar
-Ela: 6 poemas
-El: 6 poemas
-Ela e el:
- Noivado I
- Poema 1
- Poema 2
- Noivado II
- Poema 3
- Noivado 3III
- Poema 4
- Noivado IV
-Parque-final-elexía
- Parque
- Final
- Elexía
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cunqueiro, Álvaro (1980). Obra en galego completa. Poesía.teatro I. Galaxia. ISBN 84-7154-358-3.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Galaxia. p. 158. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da literatura galega. III. De 1916 a 1936. Xerais. p. 269. ISBN 978-84-9121-107-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 748–766. ISBN 84-7154-227-7.
- López-Casanova, A. (1994). Álvaro Cunqueiro e a vangarda poética. Fundación Alfredo Brañas.