Saltar ao contido

Pol Guasch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPol Guasch
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Tarragona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona
MACBA Museo de Arte Contemporánea de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía e narración Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: polguapolgua Editar o valor em Wikidata

Pol Guasch i Arcas, nado en Tarragona31 de decembro de 1997, é un escritor e poeta catalán.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Estudos Literarios e posteriormente realizou un mestrado en Construción e Representación de Identidades Culturais na Universidade de Barcelona. Tamén realizou o Programa de Estudos Independentes no Museo de Arte Contemporánea de Barcelona. Foi profesor asociado de Literatura e Crítica Cultural na UB[2] e investigou sobre teoría e literatura contemporáneas no King's College de Londres.[3] Forma parte da produtora cultural La Sullivan.[4]

Publicou os libros de poesía Tanta gana (LaBreu, 2018, Premi Francesc Garriga 2018), e La part del foc (Viena, 2021, Premi López-Picó 2020), e ten recitado os seus versos en varios festivais nacionais e internacionais.[5]

Colabora habitualmente con diversos medios como RAC1, Cadena SER ou o xornal Ara.[6]

En 2024 publicou Ofert a les mans, el paradís crema.[7]

En 2024 participou no encontro multilingüe que organiza cada ano a Fundación Rosalía de Castro: Rosalía en Camiño.[8] [9]

Obra publicada[editar | editar a fonte]

  • Tanta gana (2018). LaBreu Edicions.[10] Libro de poemas.
  • Amor y revolución (Kollontai) (2020). Arcàdia i Macba.[11]
  • La part del foc (2021). Viena Edicions. Libro de poemas.
    • La parte del fuego (2022). Ultramarinos Editorial.[12]
  • Napalm al cor (2021). Anagrama.[13] Novela.
    • Napalm en el corazón (2021). Anagrama.
  • Ofert a les mans, el paradís crema (2024). Anagrama.
    • En las manos, el paraíso quema (2024). Anagrama. Tradución de Carlos Mayor.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Submergir-se en el naufragi, Adrienne Rich (2022). Edicions Poncianes. Libro de poemas

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2018: Tanta gana, Premi Francesc Garriga.
  • 2020 - La part del foc, Premi López-Picó.
  • 2021: Premio Anagrama de novela en catalán coa súa primeira novela Napalm al cor, que foi traducida a varios idiomas, como español, inglés, francés, italiano ou alemán, e que foi galardoada co 42º Premio Revelació. en Catalán e o Premio Talento a bordo no Festival Eñe de Madrid.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nopca, Jordi (2021-01-18). "La primera novel·la de Pol Guasch guanya el 6è Premi Llibres Anagrama". Ara.cat (en catalán). Consultado o 2024-06-07. 
  2. "Pol Guasch guanya el 6è Premi Llibres Anagrama de novel·la". Actualitat (en catalán). Consultado o 2024-06-07. 
  3. Nopca, Jordi (2021-01-18). "La primera novel·la de Pol Guasch guanya el 6è Premi Llibres Anagrama". Ara.cat (en catalán). Consultado o 2024-06-07. 
  4. "La Sullivan Productora Cultural" (en catalán). 2019-08-28. Consultado o 2024-06-07. 
  5. "Guasch, Pol". Editorial Anagrama. Consultado o 2024-06-07. 
  6. "Articles escrits per Pol Guasch Diari ARA". www.ara.cat. Consultado o 2024-06-07. 
  7. "Ofert a les mans, el paradís crema - Guasch, Pol - 978-84-339-2204-5". Editorial Anagrama. Consultado o 2024-06-07. 
  8. Diario, Nós (2024-06-07). "Pol Guasch, a escrita en catalán de "historias que latexan ao redor do mundo"". Nós Diario. Consultado o 2024-06-07. 
  9. "Rosalía en Camiño 2024". Fundación Rosalía de Castro. Consultado o 2024-06-07. 
  10. "Una relació gai postapocalíptica guanya el premi Llibres Anagrama". La Vanguardia (en catalán). 2021-01-18. Consultado o 2024-06-07. 
  11. "Amor y revolución (Kollontai)". Arcàdia (en catalán). Consultado o 2024-06-07. 
  12. ultramarinos. "La parte del fuego – Pol Guasch". Ultramarinos Editorial (en castelán). Consultado o 2024-06-07. 
  13. "Napalm en el corazón - Guasch, Pol - 978-84-339-9935-1". Editorial Anagrama. Consultado o 2024-06-07. 
  14. "Napalm al cor - Guasch, Pol - 978-84-339-1591-7". Editorial Anagrama. Consultado o 2024-06-07.