Policéntridos
Aparencia

Os Policéntridos (Polycentridae) ou peixes folla son unha familia de peixes de río incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por ríos de Suramérica.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase de peixes moi pequenos, que non superan os 8 cm de lonxitude. A cabeza e boca son longas, sendo esta última extremadamente protráctil. Posúen unha aleta dorsal continua con 16-18 espiñas e 7-13 radios brandos; esta parte branda adoita ser transparente, e é o único que move cando se aproxima á presa, que non detecta así o seu movemento. Non teñen liña lateral.
Poñen os ovos baixo as follas das plantas acuáticas ou en pequenas gretas, e o macho é quen coida tanto os ovos como as larvas.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Comprende dous xéneros cunha única especie cada un:
- Xénero Monocirrhus
- Monocirrhus polyacanthus (Heckel, 1840) (en ríos de toda Suramérica)
- Xénero Polycentrus
- Polycentrus schomburgkii (Müller e Troschel, 1849) (en ríos de Venezuela e Güiana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Policéntridos |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Policéntridos |