Ponte Lubiáns
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Ponte Lubiáns | |
---|---|
![]() | |
Localización | |
Coordenadas | 43°11′51″N 8°42′40″O / 43.1975, -8.71111111 |
Río | Rosende |
Concello | Coristanco - Carballo |
Provincia | A Coruña |
Características | |
Construción | Século I |
Lonxitude | 40 m |
Ancho | 2,6 m |
Tipo | Romana (de arco) |
Material | pedra |
A ponte Lubiáns está situada sobre o río Rosende, entre as parroquia de Oca (concello de Coristanco) e a de Carballo (concello de Carballo).
Características
[editar | editar a fonte]Tamén coñecida como Ponte Vella, é de orixe romana (un altar dedicado ao deus Cosus, protector das colleitas do agro, lembra a súa orixe), mais foi reformada na Idade Media. Está formada por catro arcos asimétricos e atravesada por un tallamar triangular na parte central. Ten unha lonxitude de 40 metros, con 2,60 m de ancho, e unha altura máxima de 5,40 m.
É un resto conservado da antiga vía romana per loca marítima que, vindo de Grandimirum (Brandomil, no concello de Zas) atravesaba a parroquia de San Martiño de Oca para continuar polo concello de Carballo ata Brigantium, hoxe cidade da Coruña.
Aparece xunto coa Torre de Nogueira no escudo do concello de Coristanco[1].
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Franco Maside, R. M. (2001): La vía Per Loca Marítima: un estudio sobre vías romanas en la mitad noroccidental de Galicia.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ponte Lubiáns, na páxina do Concello de Coristanco.
- Ponte Lubiáns na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.