Ponte da Illa de Arousa
Ponte da Illa de Arousa | |
---|---|
Ponte da Illa de Arousa, vista desde o oeste | |
Localización | |
Coordenadas | 42°32′47″N 8°50′34″O / 42.54644, -8.84266 |
Río | Conecta dúas zonas na Ría de Arousa. Encontráronse vías de auga doce subterránea/submarina |
Cidade | Illa de Arousa - O Terrón, Vilanova de Arousa |
Concello | Illa de Arousa e Vilanova de Arousa |
Provincia | Pontevedra |
País | Galicia |
Características | |
Construción | 2 de outubro de 1982 (comezo) - 14 de setembro de 1985 (inauguración) |
Restauración | 2011 (introdución de luz na estrutura e reparacións varias) |
Lonxitude | 1.980 - 2000 metros |
Gálibo | A altura máxima permitida para pasar baixo a ponte é maior cara a metade da estrutura. |
Tipo | Ponte de trabes de caixa (box gilder bridge) |
Material | formigón, aceiro e outros materiais comúns en pontes |
A ponte da Illa de Arousa é unha ponte de trabe de caixa que conecta a Arousa e a costa da comarca do Salnés. Foi inaugurada o 14 de setembro de 1985, sendo daquela unha das obras máis destacadas da enxeñaría civil na súa época. Proxectouse unha reforma en 2007.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A necesidade dunha ponte foi reivindicada durante moitos anos pola veciñanza. En 1952 estableceuse unha comisión veciñal demandando non só a edificación da ponte, senón tamén a electricidade en condicións e o recoñecemento como concello propio.
En 1979 a comunidade organizou a Festa Pro Ponte para reivindicar a construción da infraestrutura.[2] O logotipo do evento, reproducido nun mural e en bolsas de tea e camisetas, representaba unha ponte atirantada.[3] A construción da ponte orzamentouse en 1500 millóns de pesetas.[2] Ao completarse a ponte, coa súa lonxitude de 1980-2000 metros, foi a máis longa de Galiza e unha das maiores de España.
Características
[editar | editar a fonte]A ponte une a Illa de Arousa coa costa e é a única entrada por terra á Arousa. É un termo común na fala e en varias placas informativas designar a terra ao leste da ponte como o Continente.[4][5]
No momento da inauguración a illa de Arousa pertencía ao concello de Vilanova de Arousa. A metade da infraestrutura corresponde hoxe ao concello da Illa de Arousa e a outra metade a Vilanova. O alumeado da ponte foi obxecto de polémica en varias ocasións,[6][7] xa que o concello de Vilanova mantiña as luces apagadas ao considerar que non era responsábel da infraestrutura.[6] A estrutura ten unha trabe continua composta por 38 vaos de cincuenta metros de luz cada un e outros dous vaos nos extremos de corenta metros. A ponte foi deseñada en forma de curva, sendo o seu raio de 2,5 km. A altura dos elementos verticais que sosteñen a estrutura varía entre 3,5 e 12 metros. Un elemento fundamental na construción son os pilotes, encargados de soportar o peso da estrutura. Estes pilotes alcanzan profundidades de até 40 metros. Aínda que o calado da Ría de Arousa nesa zona é moito menor, coas prospeccións houbo que salvar uns achados de correntes subterráneas de auga doce.
Reparación
[editar | editar a fonte]Ao longo dos anos, houbo diversas melloras na ponte. Unha das reformas máis notables foi en 2011, cando se introduciu iluminación propia na estrutura. As reparacións proxectadas para a ponte aseguraran que comece "desde cero" en termos de durabilidade e capacidade de carga, é dicir, uns 50 anos máis dentro dun sistema de inspección e mantemento que permita observar o comportamento da estrutura. Interviuse para inxectar na trabe caixón e saneamento dos metais corroídos na parte inferior do caixón, zona de pilastras, estribos e pasarelas contiguas, reparáronse estas zonas antes da introdución de ánodos de sacrificio para evitar a corrosión futura, coa instalación dunha malla de cinc e un morteiro no espazo entre a cara e un molde de fibra de vidro, pintáronse as caras externas da ponte con pintura impermeable baseada en cloruro, que permite a drenaxe de vapores internos de auga, mellorando a resistencia do formigón e pintouse o interior da trabe caixón.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Proxecto de reforma da ponte da illa de Arousa". fhecor.com.
- ↑ 2,0 2,1 Diario, Nós (2023-08-18). "Unindo A Illa con pontes". Nós Diario. Consultado o 2023-08-19.
- ↑ "Historia e historias da Arousa: A Festa da Ponte". Historia e historias da Arousa. Consultado o 2023-08-19.
- ↑ Nailla (13 de set. de 2016). "na illa: E á dereita, o continente". na illa. Consultado o 2023-08-19.
- ↑ https://www.facebook.com/lavozdegalicia (2006-12-09). "Arousa, antes illa que continente". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-08-19.
- ↑ 6,0 6,1 "La oscuridad del puente pone en peligro a conductores y peatones". Voz de Galicia (en castelán). 2011-02-09. Consultado o 2023-08-19.
- ↑ Salnés, O. (2022-12-23). "O alcalde esixe á Xunta a reposición do alumeado na ponte da Illa". O Salnés. Consultado o 2023-08-19.