Saltar ao contido

Ponte de Nantón

Ponte de Nantón
Localización
Coordenadas42°56′41″N 8°44′20″O / 42.944628721138, -8.7389884215633
Características

A ponte de Nantón[1] [2] é unha ponte sobre o río Albariña, na comarca da Barcala. Sitúase a carón da aldea de Nantón (Sanamede do Monte, A Baña).

Construíuse no século XIV, e ten un arco de medio punto. O material é de calidade e está ben traballado pero foi bastante alterada posteriormente, co que perdeu parte da súa morfoloxía orixinal. A mediados do século XX construíuse a estrada AC-444, pola que discorre o tráfico pesado, polo que a ponte de Nantón só se utiliza para tráfico agrícola e forestal local.

  1. "Ponte de Nantón". Turismo de Galicia. 
  2. "Ponte de Nantón". Galicia pueblo a pueblo.