Ponte de Sárdoma
Ponte de Sárdoma | |
---|---|
Vista da ponte | |
Localización | |
Coordenadas | 42°13′09″N 8°42′57″O / 42.2190617, -8.7159253 |
Río | Lagares |
Concello | Sárdoma, Vigo |
Provincia | Pontevedra |
Características | |
Construción | século XII |
Lonxitude | 10 m |
Ancho | 2,5 m |
Gálibo | 3,0 m |
Tipo | Románico-vernáculo |
Material | Pedra |
A ponte de Sárdoma, tradicionalmente a ponte Abeleira[1], é unha pontiña medieval que cruza o río Lagares na parroquia viguesa de Sárdoma, preto do pazo da Caracola. Podería ter unha orixe romana, se ben a actual ponte vense utilizando polo menos dende o século XII.
A ponte, de cantaría de granito de perpiaños regulares, é sinxela, cunha plataforma recta (non ten a fasquía típica de subida e baixada das pontes medievais, coma a de Castrelos), ten 10 m de longo, e salva o río grazas a dous arcos de medio punto. Conta, ademais, cun tallamar central[2].
O estado de conservación é bo; porén a contorna non está moi coidada e a propia ponte necesitaría unha limpeza; a ponte asfaltárase para dar acceso ao pazo, porén a camada de asfalto foi retirada hai uns anos[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sestay Martínez, Iván (2015). Freixeiro e Sárdoma. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 97.
- ↑ "Ponte en Patrimonio Cultural de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2019. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ Ponte en Turismo de Vigo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ponte de Sárdoma na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- Ponte de Sárdoma en Galicia Máxica