Saltar ao contido

Porsche 918

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Porsche 918

MarcaPorsche Editar o valor en Wikidata
FabricantePorsche
PaísAlemaña Alemaña
Período
2013 
2015
DeseñoMichael Mauer
Hakan Saracoglu
Configuración
SegmentoSegmento S
CarrozaríaRoadster, Targa de 2 portas
ConfiguraciónMotor central, tracción total
Tren motriz
Motor4'593 cc Ford Modular 4V híbrido V8
Autonomía680 km
Potencia886 CV
Velocidade máxima345 km/h Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Distancia eixes2730 mm
Lonxitude4643 mm
Anchura1940 mm
Altura1167 mm
Peso1.642 kg Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Commons ] Wikidata ]

O Porsche 918 Spyder é un modelo de automóbil superdeportivo producido polo fabricante alemán Porsche dende 2013 até 2015. Posúe un motor híbrido central, composto por un motor V8 de 4'6 litros que achega 608 CV, e dous motores eléctricos conectados ós eixos dianteiro e traseiro, achegando 280 CV máis para un total de 886 CV. Trátase dun deportivo de dúas prazas con chasis de fibra de carbono e tracción ás catro rodas que rende unha aceleración de 0 a 100 km/h en 2'8 segundos.

O modelo foi presentado como proxecto no Salón do Automóbil de Xenebra en 2010, mentres que a versión de produción foi presentada no Salón do Automóbil de Frankfurt en 2013. A marca fabricou 918 unidades. Unha variante denominada "RSR" foi fabricada para a competición.

En 2013 anunciouse que un Porsche 918 fixera un tempo de 6'57" nunha volta ó Circuíto de Nürburgring clásico, de 20'6 kms, converténdose no primeiro coche do mercado en baixar dos sete minutos, e mellorando o mellor tempo en 14 segundos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]