Saltar ao contido

Port de Sóller

Port de Sóller
O tranvía na estación do Port

Port de Sóller é un porto natural e un núcleo de poboación turístico que pertence ao municipio de Sóller, na illa española de Mallorca. En 2019 tiña unha poboación de 2.548 habitantes.

Atópase a uns 3 km da vila de Sóller, coa que está unido por estrada (Ma-11), a través do túnel de sa Mola, e por unha liña de tranvía histórico, cunha frecuencia de paso de media hora, que é un dos principais reclamos turísticos do concello.

A Torre Picada é unha torre de vixilancia desde a cal se divisa toda a baía. Foi construída no século XVI para defenderse de piratas e corsarios. O antigo oratorio dedicado a Santa Catalina foi reconvertido no Museo do Mar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]