Portal:Bután/Artigo destacado/1
Aparencia
Enténdese por arquitectura dzong (en tibetano: རྫོང་, en transliteración Wylie: rDzong) ó estilo no que se construíron unha serie de fortalezas-mosteiro nas rexións do sur do Himalaia, especialmente en Bután. Os espazos, patios e edificios, quedan definidos por unha construción masiva de muros pautados con torres. Estas fortificaciones construíronse con fins militares, relixiosos (servían de fogar a monxes budistas), e administrativos.
Os dzongs existen dende os primeiros séculos do segundo milenio, aínda que a súa época de esplendor foi o século XVII.
- Muros altos de ladrillo e pedra pintados de branco. Na súa base dispoñen de moi poucas ou ningunha xanela.
- Bandas avermelladas preto do tope dos muros, ás veces puntuadas por grandes círculos dourados.
- Chans dos templos de estilo chinés.
- Entradas masivas construídas de madeira e ferro.
- Patios interiores e templos profusamente decorados con motivos budistas.