Saltar ao contido

Portal:Colombia/Biografía destacada/5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pablo Escobar, nado en Rionegro, Antioquia, o 1 de decembro de 1949 e finado en Medellín o 2 de decembro de 1993, foi un narcotraficante colombiano. Foi o máximo líder do Cartel de Medellín e do grupo coñecido como Los Extraditables, chegou a ser o home máis poderoso da mafia colombiana, e mailo criminal máis rico e perigoso da súa época en todo o mundo.

Organizou e financiou unha extensa rede de sicarios e, cos seus actos terroristas mediante o emprego de coches bomba nas principais cidades, desestabilizou Colombia, converténdose no criminal máis buscado do mundo a comezos dos anos 1990. Tras fuxir do cárcere en xullo de 1992, o goberno de Colombia destinou uns catro mil efectivos e unha cantidade inxente de recursos para conformar o denominado Bloque de buscae recapturalo. Tras dezasete meses, e co respaldo incondicional de grupos da intelixencia estadounidenses, localizárono nun barrio de Medellín, morrendo nun tiroteo coas forzas da lei.