Saltar ao contido

Portal:Irán/Biografía destacada/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marjane Satrapi (en persa, مرجان ساتراپی , AFI mærˈʤɔːne sɔːtrɔːˈpiː), nada en Rasht (Irán) o 22 de novembro de 1969, é unha escritora e debuxante iraniana en lingua francesa.

Nada no seu dunha familia progresista, estudou no Liceo Francés ata que logo da revolución iraniana de 1979 as autoridades islámicas suprimiron os colexios bilingües. En 1984, con 14 anos, os seus pais decidiron enviala a estudar a Viena (Austria), para que puidese completar a súa educación laica e permitir que se desenvolvese nun ambiente menos opresivo ca o do seu país natal. Tras completar os estudos secundarios regresou a Irán para estudar Belas Artes, e ao rematar decidiu marchar a Francia para seguir estudando Artes Decorativas en Estrasburgo.

Comezou a traballar en París como ilustradora de literatura infantil. Da man de Christophe Blain e o colectivo L'Association coñeceu o debuxante e guionista David B., que a animou a introducirse no mundo da banda deseñada para narrar os seus recuerdos da infancia en Irán.

A novela gráfica Persépole foi publicada en catro volumes, e acadou un grande éxito de crítica e público. Posteriormente foi adaptada ao cinema de animación por ela mesma e por Vincent Paronnaud en xuño de 2007.

Entre outros recoñecementos, Marjane Satrapia recibiu o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades en 2024.