Portal:Música rock/Artigo destacado/febreiro 2017
A Thousand Leaves é o décimo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado o 12 de maio de 1998 polo selo DGC Records. Foi o seu primeiro grande traballo en ser gravado no seu estudo privado de Manhattan, chamado Echo Canyon e construído cos cartos que gañaron no festival de Lollapalooza de 1995. Como a banda tivo liberdade de tempo para traballar no seu estudio, o álbum conta con varios temas longos e de carácter improvisado que foron desenvolvidos desigualmente. Tres EPs altamente experimentais, Anagrama, Slaapkamers met slagroom e Invito al ĉielo, foron gravados de xeito simultáneo a este disco.
Tras o seu anzamento o disco acadou o número 85 na lista Billboard 200 e o 38 na lista británica de álbums. A canción "Sunday" foi editada como sinxelo contando cun video musical dirixido por Harmony Korine e protagonizado polo actor Macaulay Culkin. En xeral o álbum tivo unha boa recepción, loubando os críticos who praised as longas e tranquilas interaccións de guitarra entre Thurston Moore e Lee Ranaldo. Porén, algúns criticaron a forzada entrega vocal de Kim Gordon e atoparon varias cancións innecesariamente longas e pobremente construídas.