Portal:Suecia/Artigo destacado/Arquivo
Aquí están todos os artigos destacados no portal Suecia:
IKEA é unha corporación multinacional de orixe sueca, fundada en 1943 en Småland, adicada á venda minorista de mobles e obxectos para o fogar e decoración a baixo prezo e deseño contemporáneo. A estrutura organizativa da empresa é opaca e confusa. A marca IKEA pertence a unha fundación con sede nos Países Baixos, baixo o control da familia Kamprad, e que cobra un canon a cada tenda pola súa operación. Á súa vez, as tendas e algunhas fábricas son propiedade de distintas empresas e fundacións interrelacionadas entre si e supostamente tamén controladas pola familia Kamprad, pero cuxa estrutura societaria real non se desvelou completamente.
É unha das principais empresas en fabricación de mobles. En 2007 contaba con 238 tendas en 34 países e emprega a 104.000 traballadores en 44 países. A súa casa matriz está na cidade de Älmhult, Suecia. A empresa é considerada unha icona do deseño contemporáneo e unha das máis prestixiosas e innovadoras. O seu exitoso modelo é motivo de estudo nas escolas de negocios.
A palabra IKEA está formada polas iniciais do seu fundador, Ingvar Kamprad (I.K.), máis a primeira letra de Elmtaryd e Agunnaryd, que son a granxa e a aldea onde creceu, respectivamente.
Portal:Suecia/Artigo destacado/2
Portal:Suecia/Artigo destacado/3
Portal:Suecia/Artigo destacado/4
Portal:Suecia/Artigo destacado/5
Portal:Suecia/Artigo destacado/6
Portal:Suecia/Artigo destacado/7
Portal:Suecia/Artigo destacado/8
Portal:Suecia/Artigo destacado/9