Portal:Vigo/Biografía destacada/Arquivo
Aquí están todas as biografías destacadas no portal Vigo:
María Castro Jato, nada en Vigo o 30 de novembro de 1981, é unha deportista, presentadora, modelo e actriz galega.
Fíxose popular en Galicia a raíz do seu papel na serie Pratos combinados. Máis tarde traballou no serial xuvenil de LaSexta SMS (2006) e a principios de 2008 converteuse nunha das protagonistas da serie Sin tetas no hay paraíso, en Telecinco, que lle reportou unha grande popularidade a nivel de España. Ademais, en 2008 foi elixida por Telecinco para retransmitir as badaladas de fin de ano xunto ó presentador Christian Gálvez.
Entre os seus traballos cinematográficos destacan os filmes galegos Días azuis e Os mortos van á présa.
Antonio Xavier Euloxio Rodríguez Reixa coñecido como Antón Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega, desde a poesía nos anos 70, até o movemento bravú, do que se considera precursor.
Tras estudar o Bacharelato no coñecido instituto Labor, na cidade de Vigo, un colexio disciplinado e masculino, ao estilo da época, Reixa realizou a carreira de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago e entrou en contacto coas vangardas literarias. En 1976 fundou, xunto con Alberto Avendaño e Manuel M. Romón o Grupo Rompente.
Froito desta etapa literaria, Reixa publicou a finais dos setenta varias obras de poesía, como o libro colectivo Silabario da turbina e As ladillas do travesti. Chegou a ser profesor de lingua e literatura galegas pero pronto abandonou a docencia para embarcar na música.
Foi o cantante do grupo Os Resentidos, creado en 1982.
Portal:Vigo/Biografía destacada/3
Portal:Vigo/Biografía destacada/4
Portal:Vigo/Biografía destacada/5
Portal:Vigo/Biografía destacada/6
Portal:Vigo/Biografía destacada/7
Portal:Vigo/Biografía destacada/8
Portal:Vigo/Biografía destacada/9