Portela do Home
Tipo | porto de montaña ![]() | |||
---|---|---|---|---|
| ||||
Cordilleira | Serra do Xurés ![]() | |||
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/Alf%C3%A1ndega_Portela_do_Home.jpg/220px-Alf%C3%A1ndega_Portela_do_Home.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d0/Construci%C3%B3n_Portela_do_Home.jpg/220px-Construci%C3%B3n_Portela_do_Home.jpg)
Portela do Home (portugués: 'Portela do Homem') é un porto de montaña da serra do Xurés (en portugués Serra do Gerês) que forma parte da Raia, a estrema entre Galicia e Portugal.
Xeografía
[editar | editar a fonte]É o punto máis ao sur da xeografía de Galicia. Do lado portugués fica o concello de Terras de Bouro e do lado galego a parroquia de Río Caldo, do concello de Lobios. É tamén punto límite entre o Parque Natural de Baixa Limia - Serra do Xurés (Galiza) e do Parque Nacional de Peneda-Gerês (Portugal). Sitúase a 822 m de altitude, nunha foz ou ozca que descende para Galiza. Recibe o seu nome do río Home (rio Homem en portugués), que ten unha fervenza a 800 m da portela.
Historia
[editar | editar a fonte]Este paso era xa usado antigamente, e por aquí pasaba a vía romana Vía Nova do Itinerario de Antonino, que ligaba Bracara Augusta con Astorga, e da cal se conservan varios miliarios. Na actualidade comunícase con Lobios a través da estrada OU-312[1]. Este paso de montaña foi atravesado en 1384 pola hoste invasora de Henrique de Trastámara, obrigada a retroceder acosada polos pastores e polos frades guerrilleiros comandados polo abade de Santa María do Bouro. O 6 de xuño de 1828 foi cruzada polas tropas liberais so o comando do futuro marqués de Sá da Bandeira após o fracaso da revolución liberal de 1828.[2]
Como punto fronteirizo entre España e Portugal, houbo unha alfándega aberta até adoptaren os dous estados en 1992 o Acordo de Schengen.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fronteiras".
- ↑ serra-do.-geres.com. "Caldas do Gerês". Arquivado dende o orixinal o 28-01-2012. Consultado o 17-12-2011.