Porto Amboim
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Angola | |||
Provincias | Cuanza Sul | |||
Poboación | ||||
Poboación | 137.000 (37,58 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 3.646 km² | |||
Altitude | 0 m | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Porto Amboim é unha cidade e municipio da provincia de Cuanza Sul, en Angola.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte co municipio de Quiçama, ao leste cos municipios de Quilenda e Amboim, ao sur co municipio do Sumbe, e ao oeste polo océano Atlántico.
O concello ten unha superficie de 3 646 km² e, no ano 2006 tiña unha poboación estimada de 136 729 habitantes, polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era duns 37,5 hab./km².
Está constituído polas comunas de Porto Amboim (sede) e Kapolo.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixinariamente, Porto Amboim era coñecido como Kissonde ou Quissonde un pequeno poblo que os portugueses colonizaron en 1587, e lle deron o nome de Benguela, e máis tarde Benguela Velha, debido á creación doutro pobo hoxe coñecido como Benguela, cidade que está situada a 350 km ao sur de Benguela Velha.[1]
Tivo un período de estancamento desde finais da Idade Moderna até os anos 20 en que o asentamento foi base para a expansión do cultivo do café. Nesa década, en 1923, o nome foi cambiado a Porto Amboim.[1]
Hoxe (2014), Porto Amboim é unha das áreas de crecemento para a industria off shore. A capa de presal[2] fronte á costa de Angola, con Porto Amboim no centro, é unha área de desenvolvemento planificada, con empresas como Paenal, unha empresa conxunta entre Sonangol, SBM & DSME e Heerema Porto Amboim, os dous principais estaleiros de fabricación para buques de mar a fóra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Figueiredo, Andre. "HPIP". hpip.org (en inglés). Consultado o 2024-12-19.
- ↑ Denomínase capa de presal a unha serie de formacións xeolóxicas diacrónicas nas plataformas continentais de concas extensionais formadas despois da separación de Gondwana, caracterizadas pola deposición de capas grosas de evaporitas, maioritariamente sal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |