Porto de Borriana
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2020.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | |||
Provincia | Castelló | |||
Concello | Borriana | |||
O Porto de Borriana é un porto pesqueiro, comercial e deportivo, situado na zona dos Poblats Marítims pertencente ao municipio de Borriana, na provincia de Castelló.
O porto de Borriana conta cunha superficie total adscrita aprobada de 895.454 m², dos cales 203.527 m² corresponden á zona de servizo en terra. O calado na bocana do porto é de 7 metros e distínguense 3 usos principais: o pesqueiro, o náutico-deportivo e a área de usos complementarios, esta última ocupada por unha zona técnica de reparación naval (estaleiros) e por actividades vinculadas á acuicultura.
O acceso natural ao porto realízase a través da estrada CV-185 que une Vila-real con Borriana e cos seus Poblats Marítims (do que dista 2 km).
O porto de Borriana foi transferido polo Estado á Generalitat mediante o Real Decreto 3059/1982, do 24 de xullo, de 1982.