Porto de Huelva
Aparencia
O Porto de Huelva é un porto marítimo situado na ría de Huelva, na costa atlántica de Andalucía. Está formado por un porto interior situado na cidade de Huelva e por un porto exterior situado no municipio de Palos de la Frontera.
Foi importante na época dos tartessos como porto de intercambio de metais preciosos con fenicios e gregos. Na época romana conectouse a través da Vía da Prata con Hispalis e Emerita Augusta. No século XV converteuse en punto de partida para as rutas a África e América. Acabou de converterse en porto clave a finais do século XIX coa chegada de empresas mineiras inglesas á cunca mineira. En 1969 converteuse no primeiro porto autónomo do país.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porto de Huelva |