Porto de Lorbé
Aparencia
Porto de Lorbé | |
---|---|
Porto de Lorbé, Oleiros | |
Localización | |
País | Galicia |
Cidade | Lorbé (Dexo, Oleiros) |
Detalles | |
Propietario | Portos de Galicia |
Tipo | Marítimo |
Estatísticas | |
O porto de Lorbé é un peirao galego do concello de Oleiros dedicado principalmente ao marisqueo e pesca. O porto está situado na ría de Ares, no lugar de Lorbé, no límite do concello de Oleiros co de Sada. A principal actividade do porto é dar servizo ao cultivo e explotación do mexillón.
Nos anos 1950 iniciouse a instalación de bateas para o cultivo de mexillóns na zona, chegando a ter máis dun cento de bateas fronte ao porto na zona das augas interiores. Preto do porto está o acceso á Vía ártabra.