Portopí
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Baleares | ||||
Illa | Mallorca | ||||
Cidade | Palma | ||||
Distrito municipal | Ponent | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.067 (2018) | ||||
Portopí é un barrio situado no distrito de Ponent de Palma, capital das Illas Baleares, en España.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A súa poboación no ano 2018 era de 3 067 habitantes. Está atravesado pola avenida de Joan Miró e situado entre o final do Paseo Marítimo e a Cala Maior, ao oeste da cidade, e toma o nome dunha cala longa e estreita, resgardada do vento pola Serra de Na Burguesa.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]O seu nome deriva de 'port del pi', "porto do piñeiro" en galego.[Cómpre referencia] A identificación do topónimo coas palabras "porto" e "piñeiro" é antiga, xa que aparece documentada no Liber Maiolichinus como portum de nomine Pini.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde a antigüidade e até a Idade Moderna a cala foi o porto da cidade, e deste uso quedan importantes monumentos. A pesar de que o seu tamaño reduciuse polos depósitos de sedimentos do torrente que desembocaba, na zona chamada la Culassa, desde a guerra civil é de uso militar.
Neste lado da cidade xurdiu unha zona de actividade lúdico comercial que se engadiu ao uso residencial, desaparecendo o uso industrial. Ao lado da cala encóntrase, tamén, o Laboratorio Oceanográfico (inaugurado en 1906 por Odón de Buen), o Centro Meteorolóxico de Baleares, un museo de maquinaria de faro na Torre de Sinais (Torre de Señales ou Torre de Senyals) e o Museo Militar no Forte de San Carlos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Torre de Senyals co forte de San Carlos á esquerda
-
Torre de Paraires, coa contorna estragada
-
A Culassa de Portopí
-
Fachada de Sant Nicolau de Portopí, co escudo da cidade de Palma
-
Centro comercial
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Portopí |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Antoni I. Alomar i Canyelles (1995): L'armament i la defensa a la Mallorca medieval. Palma: Institut d'Estudis Baleàrics, pp. 76-77, e 81-82.
- Antoni Pons (1970): Historia del Reino de Mallorca. Instituciones, cultura y costumbres. Siglos XII-XVII. Tomo V, Palma: Ed. do autor.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ports des Balears. Palma (en castelán), (en catalán), (en inglés), (en alemán).