Portugal dos Pequenitos
Portugal dos Pequenitos é un parque temático situado no Largo do Rossio de Santa Clara (Coímbra), especificamente concibido e construído coma un espazo lúdico-pedagóxico para amosar aos nenos aspectos da arquitectura e da historia do Imperio Portugués. Construído entre finais da década de 1930 e principios de 1940, a concepción e a arquitectura do parque están profundamente influenciadas polo espírito nacionalista da época. O parque foi inaugurado o 8 de xuño de 1940.
Historia e descrición
[editar | editar a fonte]Proxectado polo arquitecto Cassiano Branco e construído por iniciativa do Professor Bissaia Barreto, o parque, cuxa construción se iniciou en 1938, permanece coma un dos parques temáticos adicados aos nenos máis visitados de Portugal, amosando construcións a pequena escala que representan monumentos e outros elementos da arquitectura e da Historia de Portugal.
O parque está organizado en tres zonas complementarias:
- A primeira parte da construción, efectuada entre 1938 e 1940, está constituída polo conxunto de casas rexionais portuguesas: solares de Trás-os-Montes e Minho, casas típicas de cada rexión con maceiras, hortas e xardíns, capelas, aceas e picotas. A este núcleo pertence tamén o conxunto de Coímbra, espazo onde se atopan representados os monumentos máis importantes da cidade.
- A segunda fase constitúe a área monumental, espazo ilustrativo dos monumentos portugueses do norte ao sur do país. Destaca a copia da xanela do Convento de Cristo (Tomar), obra en cantería do mestre Valentim de Azevedo.
- A terceira fase, rematada a finais da década de 1950, engloba as representacións etnográficas e monumentais das antigas provincias ultramarinas africanas, do Brasil, de Macau, do Estado Portugués da India e do Timor Portugués, arrodeadas pola vexetación propia destas rexións. Esta zona integra asemade monumentos dos arquipélagos das Illas de Madeira e das Illas Azores.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Portugal dos Pequenitos |
- Páxina oficial do Portugal dos Pequenitos (en portugués) Arquivado 03 de agosto de 2010 en Wayback Machine.
- Páxina da Fundación Bissaya Barreto (en portugués)