Powwow Highway
Powwow Highway | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Powwow Highway |
Director | Jonathan Wacks |
Produtor | Jan Wieringa George Harrison Denis O'Brien |
Guión | David Seals Janet Heaney |
Baseado en | Powwow Highway de David Seals |
Intérpretes | A Martinez Gary Farmer Joannelle Nadine Romero Amanda Wyss Sam Vlahos Wayne Waterman Margot Kane Wes Studi Graham Greene Tony Frank Maria Antoinette Rogers Dalin Gomez Floyd Red Crow Westerman |
Música | Barry Goldberg |
Fotografía | Toyomichi Kurita |
Montaxe | Jim Stewart |
Distribuidora | Starz Home Entertainment |
Estrea | 1989 |
Duración | 87 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Powwow Highway é un filme dirixido por Jonathan Wacks que se estreou en 1989. É un drama baseado na novela escrita por David Seals. Está protagonizada por A Martinez, Gary Farmer, e Amanda Wyss. Wes Studi e Graham Greene, que eran actores relativamente descoñecidos naquela época, teñen papeis menores.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Para a tribo dos cheyennes do Lame Deer, Montana, o soño americano tomou un desvío cruel. Buddy Red Bow (A Martinez) é un temperamental activista, que está loitando contra os contratistas que envían a Sandy Youngblood á reserva. Estes queren convencer ó Consello de Anciáns de que voten a favor dun contrato de minería a ceo aberto. O personaxe principal é unha persoa introspectiva e amable nun proceso de busca da dignidade e da identidade. O seu amigo da secundaria, que é un veterano da Guerra de Vietnam, exerce o poder como un activista de elevados principios sociais.
Galardóns
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)