Préstamo lingüístico
Aparencia
(Redirección desde «Préstamo»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Préstamo (contrato).
Un préstamo lingüístico é un elemento xeralmente lexical que unha lingua toma doutra. Os préstamos son resultado do contacto con novas realidades que hai que designar.
Clasificación dos préstamos
[editar | editar a fonte]Segundo o ámbito de actuación poden ser:
- Préstamo fonético: cando o novo elemento é un fonema.
- Préstamo morfolóxico: cando o elemento introducido é morfoloxía.
- Préstamo sintáctico: cando o elemento introducido é unha estrutura sintáctica.
- Préstamo lexical: cando o elemento novo é unha palabra.
Segundo a vía de entrada poden ser:
- Préstamos directos: o préstamo é resultado do contacto directo entre as dúas linguas.
- Préstamos indirectos: cando a introdución do préstamo é por medio dunha lingua intermedia.