Praia de Areas
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Praia de Areas | |
---|---|
![]() | |
42°23′30″N 8°46′37″O / 42.39171, -8.77696 | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
Características xerais | |
Localización | Portonovo |
Lonxitude | 830 m |
Largo medio | 55 m |
Grao de ocupación | Moi alto |
Grao de urbanización | Media |
Características específicas | |
Composición | Area |
Tipo de area | Fina e branca |
Condicións do baño | Ondada bastante moderada |
Aspectos medioambientais | |
Presenza de vexetación | Si |
Zona protexida | Si |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Policía local | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | ![]() |
Tipo de acceso | Fácil a pé |
Sinalización do acceso | ![]() |
A praia de Areas é un areal galego do concello de Sanxenxo, situado na ría de Pontevedra.
Ten unha forma rectilínea e semicurva nun extremo e está situada nun ámbito urbano de baixa densidade de poboación, maioritariamente flotante ou estacional. Limitada no extremo este pola pequena Cala dos Mortos, con acceso en baixamar e Punta Cabicastro. Composta por area branca e fina. Recollida dos ventos, con augas tranquilas propicias para realizar deportes acuáticos: esquí acuático, vela, motonáutica, wíndsurf (con límite á praia de 200 metros). Existe un fondeadoiro para embarcacións.
No seu extremo oriental atópase a Punta de Areas que delimita a ría interior da exterior.
Acceso
[editar | editar a fonte]Dende Sanxenxo, tomar a estrada C-550 dirección a Pontevedra, en Areas, tomar desvío sinalizado á dereita á praia.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia de Areas |