Praia de Barra
Tipo | praia praia nudista praia de area branca | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | O Hío, España | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 30 () × 750 () m | |||
A praia de Barra é un areal do concello de Cangas, situado ao final da península do Morrazo, na ría de Vigo, ao abrigo do cabo de Punta Subrido.
Localización e características
[editar | editar a fonte]Está situada no lugar de Donón, rodeada de piñeiro autóctono e dunas. Forma un continuo areal xunto coa praia de Viñó, máis urbanizada, da que a separa un pequeno promontorio rochoso cunha pequena baía que serve de lugar de amarre para naves de recreo.
Esta praia foi unha das primeiras de Galiza onde se permitiu o nudismo, sendo na actualidade unha das máis afamadas praias nudistas do país.
Ao estar na boca da ría as augas do océano Atlántico están máis frías que nas praias interiores. Porén, a súa situación tamén ofrece unha auga moito máis limpa.
Forma parte do espazo protexido pertencente á Rede Natura 2000,[1] de cabo Home e a Costa da Vela, e é veciña do parque nacional das Illas Atlánticas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Praia de Barra". cangas.gal. Consultado o 14 de novembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia de Barra |