Praia de Caldebarcos
Praia de Caldebarcos | |
---|---|
![]() | |
Características xerais | |
Lonxitude | 300 m |
Largo medio | 45 m |
Grao de ocupación | baixa |
Grao de urbanización | non |
Paseo marítimo | si |
Características específicas | |
Tipo de praia | aberta (fóra da ría) |
Tipo de area | branca, fina |
Seguridade | |
Sinalización do perigo | Si |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | a pé, desde a moi próxima estrada AC-550 |
A praia de Caldebarcos é un pequeno areal situado no litoral do lugar da Gándara de Caldebarcos, na parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota. Está preto da praia de Carnota.
Características
[editar | editar a fonte]É unha praia rústica na desembocadura do río Valdebois xunto a unha zona húmida protexida como espazo natural. Nunha contorna semiurbana, constitúe o areal máis setentrional do municipio. Presenta as mesmas características físicas que as próximas de Carnota e Lariño. Posúe condicións excepcionais para a práctica de deportes náuticos como o surf ou o wíndsurf debido aos frecuentes ventos e brisas costeiras. A súa area é fina. A praia está illada, carece de paseo marítimo, e principalmente está composta por rochas e area banca e dourada. O estado habitual do mar é de ondadas medias. O conxunto formado polas marismas, a praia e a zona intermareal constitúe un espazo natural de gran valor ecolóxico. A praia de Caldebarcos conta con servizo de autobús interurbano. Non dispón de aparcadoiro. O acceso a pé, desde a estrada AC-550, moi próxima, é fácil. As sinalizacións de perigo son claramente visíbeis. O hospital máis achegado é o Hospital Virxe da Xunqueira, que se encontra a 19 km, no concello de Cee.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Nos seus arrecifes afundiron varias naves da Armada Invencíbel na súa viaxe para conquistar Inglaterra en 1596.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Playas de España Arquivado 18 de abril de 2018 en Wayback Machine. (en castelán).