Praia de Covas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
A praia de Covas é unha praia de 1650 m de lonxitude, situada no concello de Viveiro. Esta praia goza de instalacións e servizos, e de alta ocupación na tempada estival, dotada de paseo marítimo, de augas tranquilas, con equipos de salvamento e seguridade e acceso para discapacitados.
Na parte occidental da praia hai unhas rochas sobresaíntes coñecidas como Os Castelos. Nestas rochas levántase un monumento dedicado á lembranza da Santa María Magdalena e do bergantín Palomo que naufragaron xuntos nunha noite de terrible temporal, o ano 1810 causando máis de 500 vítimas.[1] Restos do naufraxio adornan algúns cantos da cidade: canóns no Parque de Pernas Peón[2], xunto á praia de Covas, e áncoras nalgunha praza da zona urbana, e no propio monumento dos Castelos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Museo Naval de Ferrol - Armada Española". armada.mde.es. Consultado o 15 de febreiro de 2011.
- ↑ "El Pernas Peón de Viveiro, menos parque tras la tala, ¿un circuito multideporte?". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-03-14. Consultado o 2022-01-28.