Praia de Guadamía
Tipo | praia | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Llanes, España | |||
| ||||
A praia de Guadamía, tamén coñecida como praia de Aguamía ou de L'Aguada,[1] atópase na localidade de Llames, na desembocadura do río Guadamía, que marca o límite entre os concellos de Llanes e Ribeseya.[2] Enmárcase nas praias da Costa Verde e está considerada paisaxe protexida desde o punto de vista medioambiental (pola súa vexetación e tamén polas súas características xeolóxicas). Por este motivo está integrada na Paisaxe Protexida da Costa Oriental de Asturias.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]A praia presenta unha forma irregular e accédese a ela por un antigo camiño de carros que vai dende a vila de Llames. Tamén existen dous accesos a pé pola ladeira de Cuerres.
A praia non conta con servizo algún, agás o da súa limpeza.[2] Arrodeada de cantís (que están cheos de furnas e bufóns —estreitas chemineas verticais polas que a auga sae con forza facendo un grande estrondo) podería considerarse un marco idóneo para o estudo da modelaxe kárstica.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guía total de las playas de Asturias. 244 rincones para disfrutar de la costa asturiana. Alejandro del Río. Ediciones Nobel. 2013. ISBN 978-84-8459-669-1 Pág.231
- ↑ 2,0 2,1 Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. "Guía de Playas: Guadamía / Aguamía". Consultado o 21 de xullo de 2019.[Ligazón morta]
- ↑ "Guía de playas". magrama.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2016. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "Acantilados y playa de Guadamía". www.ribadesella.com. Consultado o 18 de novembro de 2020.