Saltar ao contido

Praia de Melide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPraia de Melide
Imaxe
Tipopraia de area branca Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaO Hío, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°15′06″N 8°51′59″O / 42.2517, -8.8664
Características
Dimensións40 (ancho) × 250 (lonxitude) m
Actividade
PremiosBandeira Azul Editar o valor en Wikidata

A praia de Melide é un areal do concello de Cangas, situado entre Punta Fuxiño e Punta Robaleira, nunha pequena enseada chea de area, sobre a cal se formou un piñeiral. A praia está no centro da área coñecida como Cabo Home, debido a un dos cabos desta península, que separa o areal da acantilada costa de Soavela.

Características

[editar | editar a fonte]

A praia é de fina area branca e ondas moderadas, de 250 m de lonxitude e uns 40 de ancho.[1] Está bastante illada, no corazón do espazo natural protexido anteriormente mencionado. Adoita recibir a Bandeira Azul, e o acceso é peonil.

  1. "Praia de Melide". cangas.gal. Consultado o 14 de novembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]