Saltar ao contido

Praia de Orbeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPraia de Orbeiro
Imaxe
Praia dos Namorados ou Sta. Cristina con marea baixa
Tipopraia Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEspasante, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°43′22″N 7°48′47″O / 43.72284569, -7.81292504
Monumento con forno. O acceso a praia ó fondo.

A Praia de Orbeiro, coñecida en Espasante por praia dos Namorados ou praia de Santa Cristina é un pequeno areal que forma parte da costa da parroquia de Espasante, no concello coruñés de Ortigueira.

É unha praia que non abre directamente ó Atlántico, polo que non acostuma ser perigosa para os bañistas. Ten uns 40 m de lonxitude e 10 m de anchura, limitada polo porto e a costa rochosa. Non conta con ningún tipo de servizos, agás o de limpeza. O acceso é doado, sen problema de aparcadoiro ao estar a carón do porto.

O castro dos Prados érguese xusto por riba da praia, desde a que se construíu unha escaleira en madeira, composta por varios tramos que salvan o forte desnivel. Este castro marítimo conta cun monumento con forno que foi escavado durante os anos '80 e '90.