Praia de Río Sieira
A praia de Río Sieira é un grande areal situado no concello de Porto do Son, na parroquia de Xuño, lugar da Coviña.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dunha praia de ámbito virxe de case 1 km de longo e uns 28 m de anchura, na desembocadura do río Sieira, ao que se debe o seu outro nome, de Boca do Río.
É unha praia illada, sen paseo marítimo, principalmente composta por rochas e area fina, branca e dourada.
Ao estar formada na desembocadura do río Sieira, provocou a aparición dun sistema lagunar que permite bañarse tamén en auga doce e moito máis tranquila que a da praia propiamente dita.
O seu nivel de ocupación, na temporada estival, é medio.
Acceso
[editar | editar a fonte]Desde o Porto do Son, pola estrada AC-550, en dirección a Ribeira. Posúe dous accesos: un pola súa marxe dereita, que corresponde á parroquia de Caamaño, e outro pola marxe esquerda, que corresponde ao lugar da Coviña, na parroquia de Xuño.
Accesibilidade
[editar | editar a fonte]Hai unha parada de autobús interurbano a 200 m da praia. Tamén pode accederse en coche, xa que hai aparcadoiro, non vixiado, nas proximidades da praia.
Servizos
[editar | editar a fonte]Dispón de servizo de vixilancia durante o verán (Protección Civil). Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis. O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 9 km, no lugar de Salmón, na parroquia de Oleiros, no veciño concello de Ribeira.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Praia de Río Sieira - Boca do Río Arquivado 17 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en TurGalicia (en galego).
- Playa de Río Sieira en Playas de España (en castelán).