Saltar ao contido

Praia de Rodas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Rodas
Praia de Rodas.
Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados Paraxe natural
Características xerais
LocalizaciónIllas Cíes, Vigo, Pontevedra
Lonxitude1,2 km.
Largo medio100 m
Grao de ocupaciónAlta (en verán)
Grao de urbanizaciónNon
Paseo marítimo
Características específicas
Tipo de praiaParque Natural
Tipo de areaBranca
Condicións do baño
Zona de fondeoAdmítese
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Zona protexidaSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Policía localSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitados
Tipo de accesoEn barco
Sinalización do acceso

A praia de Rodas é a de máis extensión das Illas Cíes situada na Illa de Monteagudo (ou illa do Norte).

A praia fai unha media lúa de area branca e augas azuis e verdes que pecha a pequena lagoa dos Nenos de augas transparentes que separa as illas de Monteagudo e do Faro. Nos extremos da praia hai piñeiros que chegan ata á area.

Dende Vigo, Baiona ou Cangas chégase por barco en menos dunha hora. As Cíes pódense visitar de xuño a setembro e os fins de semana con bo mar. Hai límite de 2200 visitantes diarios.

No ano 2007 o xornal británico The Guardian elixiu a praia de Rodas como a "praia máis fermosa do mundo"[1].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Vista dende a illa do medio.
  1. The Guardian, ed. (16-02-2007). "Top 10 beaches of the world". Consultado o 03-09-2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]