Saltar ao contido

Praia do Cargadoiro

Praia do Cargadoiro
Características xerais
LocalizaciónRibadeo
Lonxitude50 m
Largo medio15 m

A praia do Cargadoiro é un areal situado no lugar homónimo, na parroquia de Vilaselán (Ribadeo). Non dispón de bandeira azul.

Ten uns 50 m de lonxitude e uns 15 m de ancho. Ten area fina e dourada, con ondas moderadas, e adoita ter unha ocupación media. Recibe o seu nome polo cargadoiro industrial da liña Ribadeo - Vilaoudriz, que levaba ferro desde as minas até o peirao. Está a carón do Museo Etnográfico do Cargadoiro e do Forte de San Damián, e preto do porto deportivo de Ribadeo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]