Saltar ao contido

Praia dos Bloques

Praia dos Bloques
Vista do fondo da ría de Ribadeo dende o promontorio sobre a praia dos Bloques
Características xerais
LocalizaciónRibadeo
Lonxitude120 m
Largo medio25 m
Características específicas
Composiciónarea fina

A praia dos Bloques é unha praia de Ribadeo situada na ría homónima. Está no lugar da Vilavella, ao sur do porto de Mirasol e preto da vila de Ribadeo, cara ao interior da ría. Está resgardada por un esporón construído paralelo á costa que é, segundo Isidoro Asensio Amor, a causa de que se acumule limo no fondo e pareza ocupar toda a extensión da ría cando baixa a marea.

É unha praia portuaria semiurbana e de augas tranquilas, relativamente arredada dos circuítos turísticos habituais, polo que goza dun nivel de ocupación xeralmente baixo, ao que tamén contribúe a ausencia de servizos de hostelaría na contorna.

Dotada de area fina e dourada, ten unha lonxitude de 120 m e unha anchura media de 25 m. Conta con sinalización do estado do mar e papeleiras para a recollida do lixo. No verán dispón de servizo de salvamento, duchas e baños, mais non está recoñecida con bandeira azul. Ten tamén un pequeno aparcadoiro próximo e unha extensa zona de herba aos lados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]