Praia dos Cristais
Aparencia
Praia dos Cristais | |
---|---|
Praia dos Cristais | |
Características xerais | |
Localización | Laxe |
Grao de ocupación | Baixo |
Grao de urbanización | Ningún |
Características específicas | |
Tipo de praia | Cala |
A praia dos Cristais é un pequeno areal situado na vila de Laxe, na Costa da Morte.[1]
A súa denominación débese a que a praia está chea de pequenos anacos de cristal, que semellan area multicolor. O vidro tirábase preto da praia e despois de se desgastar por erosión na costa foise acumulando nesta, xa que é unha zona de deposición.[2]
A praia ten un pequeno varadoiro que serve de refuxio para pequenas embarcacións e un palco de pedra onde se realizan actividades culturais coma o solpor poético.[3][4] Preto da praia hai un miradoiro e o faro da Insua.
Nesta praia rodouse a serie Mareas vivas da TVG.[2]
Por esta praia pasa a 4ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Turismo da natureza: outras calas. Concello de Laxe.". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xullo de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Cristina Viu (3 de maio de 2004). "Los ecologistas, contra la destrucción de la playa de los cristales". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de setembrode 2018.
- ↑ "Solpor Poético, Concello de Laxe".
- ↑ "A Praia dos Cristais vibrou de emoción no Solpor Poético de Laxe". Que pasa na Costa. 24 de agosto 2014. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 27 de xullo de 2017.