Pranciškus Būčys
Nome orixinal | (lt) Pranciškus Petras Būčys |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de agosto de 1872 Šilgaliai, Lituania (en) |
Morte | 25 de outubro de 1951 (79 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Cemiterio comunal monumental Campo Verano |
Bispo titular | |
1930 – 1951 Diocese: Titular Episcopal See of Olympus (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina rusa |
Educación | Universidade de Friburgo, Suíza |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1930–), sacerdote católico (1899–), escritor |
Consagración | Kiril Kurtev |
Pranciškus Petras Būčys,[1] nado o 20 de agosto de 1872 en Šilgaliai (Lituania) e finado o 25 de outubro de 1951 en Roma (Italia), foi un relixioso greco-católico lituano, bispo e superior da Congregación dos Padres Marianos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 20 de agosto de 1872 en Šilgaliai, unha poboación de Lituania, situada entón na gobernación de Suwałki da Polonia do Congreso e na diocese de Sejny.[2] Cursou os estudos secundarios en Marijampolė, e posteriormente entrou no seminario en Sejny para continualos na Academia Teolóxica de San Petersburgo e na Universidade de Friburgo. O 25 de marzo de 1899 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Mahilioŭ polo bispo auxiliar Karol Antoni Niedziałkowski,[3] e comezou a traballar como profesor de Apoloxética na Academia Teolóxica de San Petersburgo.
En 1908, xunto con Jurgis Matulaitis-Matulevičius, foi un dos inspiradores da renovación da Congregación dos Padres Marianos. O 29 de agosto de 1909, en presenza de Wincenty Sękowski e Kazimierz Ruszkiewicz, foi admitido en segredo ao novizado da congregación, e o 15 de setembro de 1910 profesou como sacerdote da Congregación dos Padres Marianos, facendo os votos perpetuos sete anos máis tarde, o 11 de xuño de 1917.
O 27 de xullo de 1927 foi elixido Superior Xeral da súa congregación.[2][4] Dedicado ao apostolado entre os cristiáns orientais, colaborou en 1929 co xesuíta Michel d'Herbigny en elaborar unha confesión de fe a ser empregada para a recepción de conversos rusos, da que foron enviadas copias a Pie Eugène Neveu.[5]
O 3 de xullo de 1930 foi nomeado bispo titular de Olympus.[2][3] Recibiu a consagración episcopal o 6 de xullo do mesmo ano,[3] de mans do exarca apostólico de Sofía Kiril Kurtev.
O 21 de xullo de 1933 renunciou como superior da súa orde, sendo sucedido por Andrej Cikota. O 22 de xullo de 1939 foi reelixido superior dos Padres Marianos.[4]
Retirouse o 14 de maio de 1951 e finou meses máis tarde, o 25 de outubro, en Roma.
Obra
[editar | editar a fonte]- Święty Stanisław, biskup krakowski [Santo Estanislau, bispo de Cracovia] (en polaco). Cracovia. 1902.
- Švenčiausiosios Paneles apsireiškimas Liurde [A revelación da Santísima Virxe en Lourdes] (en lituano). Sejny: Laukaičio ir B-vės spaustuvėje. 1909.
- Jėzus Kristus, pasaulio Išgelbėtojas [Xesús Cristo, Salvador do mundo] (en lituano). 1930.
- Rusai stačiatikiai ir sentikiai Lietuvoje [Ortodoxos rusos e vellos crentes en Lituania] (en lituano). Kaunas. 1936.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén Franciszek Buczys.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Annuario pontificio per l'anno 1942 (en italiano). p. 454.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Annuario pontificio per l'anno 1950 (en italiano). p. 536.
- ↑ 4,0 4,1 Račis, Antanas; Brijūnas, Viktoras; Pečiulienė, Ona (2001). Visuotinė lietuvių enciklopedija. Mokslo ir enciklopedijų leidybos institutas. p. 292. ISBN 9785420014868.
- ↑ Tretjakewitsch, Léon (1990). Bishop Michel d'Herbigny SJ and Russia: A pre-ecumenical approach to Christian unity (en inglés). Augustinus-Verlag. p. 241. ISBN 9783761301623.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Jurgis Matulaitis-Matulevičius |
Superior Xeral dos Padres Marianos da Inmaculada 1927 - 1933 |
Sucesor: Andrej Cikota |
Predecesor: James Michael Liston |
Bispo titular de Olympus 1930 - 1951 |
Sucesor: Segundo García Fernández |
Predecesor: Andrej Cikota |
Superior Xeral dos Padres Marianos da Inmaculada 1939 - 1951 |
Sucesor: Władysław Mroczek |
- Nados en 1872
- Nados no condado de Tauragės
- Finados en 1951
- Relixiosos católicos de Lituania
- Marianos da Inmaculada Concepción
- Bispos católicos de Lituania
- Bispos católicos do século XX
- Bispos da Igrexa católica bizantina rusa
- Escritores de Lituania
- Escritores en lingua lituana
- Escritores en lingua polaca
- Escritores de literatura cristiá