Saltar ao contido

Premio AELG de Tradución

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio AELG de Tradución foi un galardón entregado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ás mellores obras traducidas de cada ano. Os vencedores eran elixidos por medio das votacións dos socios da entidade. Se ben os premios da AELG se crearan xa en 1999[1] (sen distinción por xénero nin modalidade, senón só como recoñecemento ao mellor libro publicado no ano anterior[2]), esta modalidade concreta estableceuse en 2005 (con entrega a ano vencido en 2006) e mantívose até 2015, ano no que deixou de celebrarse tras a unión dos respectivos premios da Asociación Galega de Editoras, a AELG e a Federación de Librarías de Galicia, o que deu como resultado a Gala do Libro Galego, cuxa primeira edición aconteceu en 2016.

Traducións premiadas

[editar | editar a fonte]
Ano[3] Persoa(s) gañadora(s) Obra
2006 (I edición) Xesús González Gómez A estrela da mañá. Surrealismo e marxismo, de Michael Löwy (Laiovento)
2007 (II edición) Eva Almazán Brooklyn Follies, de Paul Auster (Galaxia)
2008 (III edición) Yolanda Vilarchao Poemas canónicos, de Kavafis (Rinoceronte)
2009 (IV edición) Gonzalo Navaza As flores do mal, de Charles Baudelaire (Galaxia)
2010 (V edición) Bartug Aykan e María Alonso Seisdedos O museo da inocencia, de Orhan Pamuk (Galaxia)
2011 (VI edición) Marga do Val Randea o alento, de Herta Müller (Xerais)
2012 (VII edición) Ramón Gutiérrez Izquierdo Sonetos, de William Shakespeare (Xerais)
2013 (VIII edición) Darío Xohán Cabana Cancioneiro, seguido das rimas dispersas, de Francesco Petrarca (Edicións da Curuxa)
2014 (IX edición) Antón Vialle, Eva Almazán, María Alonso Seisdedos e Xavier Queipo Ulises, de James Joyce (Galaxia)
2015 (X edición) Darío Xohán Cabana A divina comedia, de Dante Alighieri (Edicións da Curuxa)
  1. Premios AELG 2011.
  2. Premios AELG 2004.
  3. Refírese ao ano de entrega do premio; isto é, o libro foi publicado no ano precedente.