Premio de Igualdade Ernestina Otero
Aparencia
O Premio de Igualdade Ernestina Otero é un galardón honorífico, promovido polo Consello Municipal da Muller e Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, que premia a traxectoria dunha muller ou colectivo en defensa da igualdade. Toma o nome da mestra e pedagoga Ernestina Otero e ten carácter anual. A primeira edición do premio celebrouse en 2013 coincidindo coa celebración dos actos con motivo do Día Internacional da Muller que organizan a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e Consello Municipal da Muller. O galardón tamén é obra dunha muller, a artista Cuqui Piñeiro. Trátase dunha escultura en bronce que representa unha muller montando en bicicleta.[1]
Galardoadas
[editar | editar a fonte]As seguintes mulleres foron galardoadas con este premio:
- I Premio 2013. Carmen Segurana, sindicalista que participou na organización do Movemento Democrático de Mulleres.[2]
- II Premio 2014. Isabel Blanco, xinecóloga comprometida coa defensa dos dereitos e da saúde das mulleres.[3]
- III Premio 2015. Antía Cal, pedagoga recoñecida polo seu traballo e esforzo no ámbito da enseñanza.[4]
- IV Premio 2016. Coral del Río, catedrática e primeira directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, polo seu compromiso nos estudos de xénero.[5]
- V Premio 2017. Rosa Cobo, profesora de Socioloxía, pola súa traxectoria en favor da igualdade de xénero.[6]
- VI Premio 2018. Ana Gandón, ex-concelleira do Concello de Vigo, polo seu labor realizado en defensa dos dereitos das mulleres.[7]
- VII Premio 2019. María Xosé Queizán, unha das intelectuais feministas máis relevantes de Galicia, pola súa ampla traxectoria.[8]
- VIII Premio 2020. María Xosé Porteiro, xornalista, escritora, feminista e política, pola súa defensa dos dereitos da muller.[9]
- IX Premio 2021. Mercedes Oliveira, doutora en Filosofía e Pedagoxía e unha das activistas máis destacadas no ámbito da igualdade, cunha intensa labor nas aulas.[10]
- X Premio 2022. África González Fernández, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, académica da Real Academia de Farmacia de Galicia e presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía, en recoñecemento pola súa traxectoria como investigadora e na vixilancia da saúde.[11]
- XI Premio 2023. Paz Filgueira Paz, maxistrada titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo desde xaneiro do 2012 ata novembro do 2020[12], poñendo en valor a perspectiva de xénero que aporta ao seu traballo.[13]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Premio 2019 a María Xosé Queizán
-
Premio 2022 a Africa González
-
Premio 2023 a Paz Filgueira
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Santos, Ágatha de. "La sindicalista Carmen Segurana, premio Ernestina Otero por su lucha por la igualdad". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 6/3/2013.
- ↑ "Carmen Segurana recibe el primer premio por la igualdad del Consello vigués". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-03-15.
- ↑ "Xornal Vigo: A xinecóloga Isabel Blanco recibirá mañá sábado o II Premio de igualdade Ernestina Otero". Consultado o 2019-03-15.
- ↑ "Antía Cal recoge el Premio Ernestina Otero por su trabajo por la igualdad". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-03-15.
- ↑ "Coral del Río recibe el Premio Ernestina Otero". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-03-15.
- ↑ "El Consello Municipal da Muller otorga el premio Ernestina Otero a la profesora Rosa Cobo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-03-15.
- ↑ "La exedil Ana Gandón, distinguida con el Premio Ernestina Otero". Atlántico Diario (en castelán). Consultado o 2019-03-15.
- ↑ "María Xosé Queizán recibe el séptimo Premio de Igualdade Ernestina Otero". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-03-15.
- ↑ "Concédeo o Consello Municipal da Muller de Vigo". culturagalega.org (en castelán). 2020-03-03. Consultado o 2020-03-09.
- ↑ "Chis Oliveira, recoñecida co Premio de Igualdade Ernestina Otero 2021". Atlántico (en castelán). Consultado o 2021-04-29.
- ↑ "La inmunóloga de la Universidad de Vigo África González, premio de Igualdad Ernestina Otero 2022". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-03-01. Consultado o 2022-03-02.
- ↑ "Mª PAZ FILGUEIRA PAZ - Concello de Lalín - lalin.gal". www.lalin.gal. Consultado o 2023-03-14.
- ↑ "Paz Filgueira recogió el premio a la igualdad Ernestina Otero". Atlántico (en castelán). Consultado o 2023-03-13.