Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais Olimpio Arca
O Premio de Investigación en Humanidades e Ciencias Sociais Olimpio Arca foi convocado por primeira vez no ano 2017 polo Concello de Cuntis para premiar investigacións referidas ao ámbito das Humanidades e das Ciencias sociais.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]O premio recibe o seu nome do escritor e mestre nado en Cuntis, Olimpio Arca. De feito, a creación do mesmo tivo lugar coa dupla intención de homenaxear e conmemorar a figura de Olimpio Arca polas súas contribucións aos ámbitos da escola, a etnografía, a literatura, así como pola recuperación do patrimonio; motivo polo que cómpre ser recordado como un exemplo polo seu compromiso coas causas da instrución e da cultura.[1]
A convocatoria está destinada a traballos que versan sobre ciencias sociais e humanidades (arqueoloxía, etnografía, historia, filoloxía, literatura etc.), de temática galega e que supoñen unha achega orixinal e novidosa ao coñecemento de calquera das disciplinas obxecto da convocatoria.[1]
Gañadores
[editar | editar a fonte]- 2017: Xosé Fuentes Alende, polo traballo "Os exvotos na relixiosidade popular de Galicia".[2]
- 2018: Miguel García-Fernández[3][4], polo traballo "As mulleres e a práctica testamentaria na Galicia medieval. Bases para unha historia social das mulleres galegas (1100-1550)".[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Detalle - Deputación de Pontevedra". boppo.depo.gal. Consultado o 4/1/2019.
- ↑ Salgado, Fernando (17/11/2017-11-17). "Cuando solo queda la fe, Xosé Fuentes aborda el tema de los exvotos". Diario de Pontevedra (en castelán).
- ↑ "Miguel García Fernández recibe el Premio de Investigación Olimpio Arca". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-05-31.
- ↑ "Miguel García Fernández recibe el premio Olimpio Arca, en Cuntis". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-06-02. Consultado o 2019-06-03.
- ↑ "CV Académico". Miguel García-Fernández (en inglés). Consultado o 2019-05-31.