Premios AGAPI
Aparencia
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde agosto de 2012) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Premios AGAPI | |
---|---|
Tipo | premio |
Data de fundación | 1996 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os Premios AGAPI son uns galardóns anuais concedidos pola Asociación Galega de Produtoras Independentes ós profesionais máis destacados do sector audiovisual galego.
A súa primeira edición celebrouse no ano 1996. O día 7 de novembro entregábanse os recoñecementos dentro do marco do Festival de Cine Independente de Ourense.
En 2001, tras cinco edicións, entregábanse por última vez ó ser substituídos polos premios Chano Piñeiro en 2002, e en 2003 polos premios Mestre Mateo.
Galardoados
[editar | editar a fonte]1996
[editar | editar a fonte]- Premio AGAPI á mellor dirección de fotografía: Sergio Franco por Coruña imposible.
- Premio AGAPI á mellor interpretación masculina: Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira por Mofa e Befa en Gran liquidación
- Premio AGAPI á mellor interpretación feminina: Dorotea Bárcena por El baile de las ánimas e María Bouzas por A familia Pita.
1997
[editar | editar a fonte]- Premio AGAPI á mellor actriz: María Bouzas por Un conto triste
- Premio AGAPI á mellor curtametraxe: Paranoia dixital
- Premio AGAPI ó mellor guión: Ángel de la Cruz por Paranoia dixital.
- Premio AGAPI á mellor banda sonora: Paranoia dixital
- Premio AGAPI á mellor dirección de produción: Amalia Mato por Isolina do Caurel
- Premio AGAPI á mellor montaxe: Juan Lesta por Isolina do Caurel
1998
[editar | editar a fonte]- Premio AGAPI á mellor curtametraxe: Aínda máis difícil
- Premio AGAPI á mellor interpretación feminina: Mónica García por Aínda máis difícil
- Premio Agapi á mellor interpretación masculina: Gonzalo Uriarte por A lingua das bolboretas.
- Premio AGAPI á mellor dirección artística: Sandra Frantz por Aínda máis difícil
- Premio AGAPI ó mellor vestiario: María López e Cristina Sánchez por Aínda máis difícil
- Premio AGAPI á mellor maquillaxe: Raquel Fidalgo, Eva R. Fontenla, Quique Martínez, Elvira Valle e Susana Veira por Aínda máis difícil
- Premio AGAPI á mellor dirección: Antonio F. Simón por A noiva de medianoite
- Premio AGAPI á mellor dirección de produción: David Breijo e Carlos Hervella por Aínda máis difícil
- Premio AGAPI ó mellor guión: Ángel de la Cruz por Aínda máis difícil
- Premio AGAPI á mellor dirección: Ángel de la Cruz por Aínda máis difícil
- Premio AGAPI á mellor curtametraxe de animación: Bicho
- Premio AGAPI á mellor produción multimedia: Bicho
- Premio AGAPI á mellor produción documental: A palabra no tempo
1999
[editar | editar a fonte]- Premio AGAPI á mellor banda sonora: Manuel Palacios por A rosa de pedra.
2000
[editar | editar a fonte]- Premio AGAPI á mellor interpretación feminina: Cristina Pascual por Sandra [1]
- Premio AGAPI á mellor dirección: Jorge Coira por Chunda chunda
- Premio AGAPI ó mellor guión: Beatriz del Monte por O río ten mans
- Premio AGAPI á mellor dirección artística: Genma García por O río ten mans
- Premio AGAPI á mellor iluminación e fotografía: Ricky Morgade por O río ten mans
- Premio AGAPI ó mellor son: Alberto Beade e Xosé María Bloch por Divertimento
- Premio AGAPI á mellor dirección de produción: Carmen de Miguel por Sei quen es
- Premio AGAPI á mellor produción multimedia: O bosque animado
- Premio AGAPI ó mellor vídeo industrial e institucional: Café Moderno
- Premio AGAPI á mellor montaxe: O río ten mans
- Premio AGAPI á mellor produción de televisión: Mareas vivas
- Premio AGAPI á mellor produción de publicidade: Mexilón
- Premio AGAPI á mellor curtametraxe de animación: Ignotus
- Premio AGAPI á mellor curtametraxe: O río ten mans
- Premio AGAPI ó mellor documental: Chunda chunda
- Premio AGAPI á mellor banda sonora: Divertimento
- Premio AGAPI á mellor interpretación masculina: Miguel de Lira por Mareas vivas
- Premio AGAPI á mellor longametraxe española: Leo
- Premio AGAPI á mellor longametraxe galega: Sei quen es
- Premio honorífico Fernando Rey: Miguel Anxo Fernández Fernández
- Premio José Sellier: Centro Galego de Artes da Imaxe
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O río ten mans" acapara cinco dos once galardóns dos premios AGAPI artigo en culturagalega.org cos premiados do ano 2000