Premios Artesanía de Galicia
Aparencia
Os Premios Artesanía de Galicia son un galardón de periodicidade irregular outorgado pola Xunta de Galicia que se vén outorgando dende 2008[1] para recoñecer e fomentar o labor dos artesáns en Galicia, especial pero non unicamente en téxtil e moda, xoias e bixutería e cerámica e olería. Os premios consisten en tres categorías, que en 2008 e 2009 foron Premio Artesanía de Galicia, Premio Innovación e Premio Novos Creadores, e que posteriormente pasaron a ser Premio Artesanía de Galicia, Premio Traxectoria e Premio Bolsa Eloy Gesto.
Os premiados nas tres modalidades foron os seguintes:
convocatoria | Premio Artesanía de Galicia | Premio Innovación máis tarde Premio Traxectoria |
Premio Novos Creadores máis tarde Premio Bolsa Eloy Gesto |
---|---|---|---|
2008 | José Luis Latas Vilanova | David Soengas Ben | (deserto) |
2009 | María de los Ángeles Merino Ballesteros | José Elías González Prieto e María Dolores López Vázquez | Sabela Orgueira Viqueira |
2014 | Marta Armada | Domingo Ayaso | Verónica Moar |
2016 | Noroeste Obradoiro | Julio Lado | Madriguera Workshop |
2017 | Rodrigo Riveiro | Obdulia Rodríguez González | Paula Ojea |
2018 | Witchneeds | Manuel Castro Romero "Lolo" | Cristina Velasco |
2019 | Frank Buschmann | Agustín Vázquez | Minia Banet |
2020 | Traxandaina Traxe Tradicional | Ricardo Rivas | Loaira Pérez Pérez (Raposiñas) |
2021 | Idoia Cuesta | Álvaro Seivane Magide (Obradoiro de Gaitas Seivane) | Julia de la Cal (La Parabólica) |
2022 | Laura Delgado Cerámica | Carmen Riveiro (Liño de Galicia) | Julia Vilariño |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia. "Premios". Consultado o 17 de setembro de 2023.