Premios Valedora do Pobo
Os premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres crearonse en 2020.[1] Estes galardóns son froito dun convenio de colaboración entre as tres universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) e a Valedoría do Pobo, e "xurdiron para distinguir aqueles traballos merecedores dun especial recoñecemento pola súa orixinalidade, definición do seu obxecto, pertinencia e relevancia, metodoloxía, análise de resultados, aspectos formais e proxección que poidan acadar no ámbito da igualdade de dereitos de mulleres e homes, entre outros aspectos". [2]
Na súa primeira edición[3] recibiron os galardóns:
- Amara García Adán, alumna do grao de Dereito da USC, na modalidade TFG por "Inxustiza epistémica e argumentación xurídica. Especial atención nos casos de violación".[4][5]
- Ángela Fernández Dasilva, alumna do mestrado en Igualdade, Xénero e Educación, na modalidade TFM. por "As políticas de igualdade de xénero na Universidade. O caso de Galicia".[6]
Finalistas:
O TFG ‘Unha realidade silenciada. Violencia machista institucional’ de Sabela Pérez Martín e o TFM ‘Análise da representación das mulleres nos libros de FOL (Formación e Orientación Laboral) a través da revisión bibliográfica’ de Noelia Álvarez Estévez foron os traballos finalistas do certame.
Na súa segunda edición,[7]
TFG:
- 'Aínda que custe respiar: estudo do amianto con perspectiva de xénero', de Sara González Veiga [8]
- 'Ser coidadora átate: desafíos ocupacionais de mulleres coidadoras do rural galego durante a pandemia do Covid-19', de Manuela Ángela Blanco Suárez
TFM:
- "A muller no deporte: estereotipos, valores e logros. Un estudo de caso de mulleres deportistas en halterofilia', Ana Feijóo Rodríguez[9]
- 'O Movemento Feminista Organizado en Galicia (1975-1983)', de Raquel Fernández Reguera.
Na súa terceira edición[10]
TFG:
- «A xestación por substitución no Dereito civil español: a aceptación tácita dos efectos dun contrato nulo» de Carmen Castrillo Sotelo.[11]
- «Quen son elas? O deporte galego dende a perspectiva de xénero» de Cinthia Piñeiro Acevedo.
TFM:
- «Conquistando o baleiro:as voces de profesoras e alumnas en ciclos formativos masculinizados" de Ana Souto Mínguez.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Resolución do DOG nº 53 do 2020/3/17 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2021-06-27.
- ↑ "Os Premios Valedora do Pobo distinguirán os mellores TFG e TFM en materia de igualdade | Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2021-06-27.
- ↑ "Discurso da Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño, no Acto de entrega dos PREMIOS “VALEDORA DO POBO”. Primeira edición.". Valedor do Pobo. Consultado o 2021-06-27.
- ↑ Redacción (2021-03-30). "'Premios Valedora' á perspectiva de xénero en TFG e TFM". GCiencia. Consultado o 2021-06-27.
- ↑ Montenegro, Gloria. "Amara García Adán: "É preciso incluír a perspectiva de xénero no ámbito do Dereito"". Nós Diario. Consultado o 2021-06-27.
- ↑ "Entregados os premios Valedora do Pobo en recoñecemento á perspectiva de xénero nos TFG e TFM". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2021-06-27.
- ↑ SL, POMBAPRESS. "La UDC acoge este lunes la entrega de los premios Valedora do Pobo a dos trabajos de fin de grado y otros dos de máster". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2023-03-13.
- ↑ "TFG Sara González" (PDF). Valedora do Pobo.
- ↑ "TFM Ana Feijoo" (PDF). Valedora do Pobo.
- ↑ valedora (2023-02-15). "O 14 de febreiro fallouse o resultado da terceira edición dos premios instituidos pola Valedora do Pobo e as tres universidades galegas para recoñecer os mellores traballos de fin de grao e de fin de master en materia de igualdade do curso anterior". Valedora do Pobo. Consultado o 2023-03-13.
- ↑ "TFG". Valedora do Pobo Carmen Castrillo.
- ↑ "TFM Ana Souto" (PDF). Valedora do Pobo.