Premios de Publicidade en Galego
Aparencia
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Os Premios de Publicidade en galego premian a publicidade feita en lingua galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Púxoos en marcha o Consello Asesor da Radio Televisión Española en Galicia en 1993[1][2] e posteriormente pasaron a ser convocados conxuntamente pola Xunta de Galicia, o Parlamento de Galicia e o Foro Peinador. En 2018 chegaron á súa XXV edición.[3] En 2019 estabeleceron 5 categorías segundo o medio de difusión (radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos) e dúas modalidades na que recoñecen tanto a empresa anunciante como a axencia de publicidade.[4]
Os premios consistirán na entrega dunha certificación e mais dunha obra artística.
Premios
[editar | editar a fonte]Edición | Prensa | Radio | Televisión | Internet | Centros Educativos |
---|---|---|---|---|---|
2013 | O son da nosa fala, desenvolvido por Radio Lugo. | Maxia verde, desenvolvido por Imaxe para Aceites Abril. | Faite amigo da Catedral presentado por Arraianos para a Fundación Catedral de Santiago de Compostela[5]. | - | |
2015 | Campaña Hai cousas que canto menos cambien mellor, elaborada e presentada pola axencia BAP&Conde por encargo de Larsa. | Anuncio O noso é o noso, elaborado pola axencia Imaxe e presentado pola TVG por encargo de Estrella Galicia. | Web de Galeguesas, a diferencia, elaborada e presentada pola axencia Arraianos Multimedia por encargo de Galeguesa. | - | |
2016 | Fogar de Estrella de Galicia elaborado por Idea, Creatividad y Comunicación por encargo de Estrella de Galicia. | En confianza elaborado por BAP&Conde por encargo de Gadis. | Fai historia con nós elaborado pola axencia Nasas por encargo da Universidade de Vigo[6]. | ||
2017 | Deserto | Anuncio Medo a quedar sen datos, da axencia Bap&Conde, por encargo de R Cable e Telecomunicacións Galicia, SA. | Anuncio Imposible sen ti, da axencia Tex 45 Producións SLU por encargo de Abanca Corporación Bancaria, SA[7] | Anuncio A túa compra, os teus temazos, da axencia Nasas, axencia creativa de mercadotecnia en liña, elaborado por encargo de Gadisa Retail, SLU. | |
2018 | Campañas de dinamización comercial 2017 da axencia Fancylooks por encargo da Asociación Compostela Monumental. | Anuncio da Tarxeta PassVigo, da axencia Ecovigo Publicidad, S.L. por encargo de Viguesa de Transportes [8] | |||
2019[9] | Martín Códax, Fillo do Atlántico, da empresa Martín Códax e a axencia &Rosás | Benvidos novos Larseiros!, da empresa Larsa e a axencia BAP Conde | Martín Códax, Fillo do Atlántico, da empresa Martín Códax e a axencia &Rosás | Queixos Hoxe, da Cooperativa HOXE e a axencia Pío García Audiovisuais, S.L. | Stop_Bullyng, do IES Leixa de Ferrol (A Coruña) |
2020 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Premios Publicidad en Gallego". Briefing Galego (en castelán). 18 de maio de 2016. Consultado o 18 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Novas do sector: Interacción novamente galardoada nos premios de publicidade en galego". Academia Galega do Audiovisual. 15 de decembro de 2006. Consultado o 18 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Xunta, Parlamento e Foro Peinador entregan os XXV Premios de Publicidade en galego". Xunta de Galicia. 17 de decembro de 2018. Consultado o 17 de xaneiro de 2019.
- ↑ "XXVI Premios de Publicidade en Galego - O Portal da Lingua Galega". Xunta de Galicia. Consultado o 2019-09-20.
- ↑ "Entréganse os XXI Premios da Publicidade en Galego". Consello da Cultura. 15 de maio de 2014. Consultado o 20 de setembro de 20190.
- ↑ "Entréganse os XXIII Premios de Publicidade en Galego". consellodacultura.gal. 13 de maio de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2019.
- ↑ "Os Premios de Publicidade en Galego incorporan, na súa XXV edición, un premio extraordinario para centros educativos". Parlamento de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019.
- ↑ Anuncio da Tarxeta PassVigo en YouTube.
- ↑ Galicia, Parlamento de. "Entregados no Parlamento os Premios de Publicidade en Galego". Parlamento de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-12-04.