Prensa gratuíta
Aparencia
Por prensa gratuíta ou, máis propiamente, prensa de distribución gratuíta, enténdese a distribución de xornais ou similares ó público sen custo para este.
O financiamento destes medios provén 100% da publicidade e a súa distribución efectúase en puntos de alta circulación de persoas coma estacións ou medios de transporte público (ferrocarrís, metros etc.) ou zonas de alto tránsito peonil.
Os xornais que responden a estas características e que se reparten en España son
- Qué!. Ten dúas edicións galegas, Vigo e A Coruña.
- Metro. Contaba cunha edición única para toda Galicia distribuída na Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
- 20 minutos. Igual que o diario Qué!, elabora dúas edicións, unha para cada unha as cidades máis poboadas de Galicia que se reparten tamén noutras como Santiago de Compostela.
- ADN. Este xornal dentro de Galicia distribuíase, coma os anteriores, en Vigo e A Coruña. Dende o 1 de decembro de 2008, cedeu a súa cabeceira a De luns a venres.
A eles hai que incluír, xa exclusivamente para o ámbito galego, o xornal De luns a venres, redactado en galego e distribuído nas sete grandes cidades galegas Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Ferrol e Pontevedra.