Presebe
O presebe,[1] tamén chamado cambeleira,[2] comedeira[3] ou manxadoira,[4] é o recipiente ou lugar onde comen os animais. Pode fabricarse de madeira (como un caixón ou unha artesa), de barro ou ben ser obra de albanelaría ou labrarse directamente en pedra. Por extensión, tamén se chama presebe ao edificio ou lugar dedicado a alimentar os animais. É un termo latino que procede da voz «praesēpe».
Tipoloxía
[editar | editar a fonte]O presebe rural tradicional, elemento común en todo tipo de cortes e currais dende que o ser humano se iniciou na práctica da explotación gandeira, foi variando a súa tipoloxía a través dos séculos. De pedra ou barro cocido onde non había madeira, e con moi diversos deseños onde o artesán carpinteiro podía aplicar o seu enxeño, a partir do século XIX empezaron a fabricarse os primeiros presebes metálicos, estruturas que foron evolucionando até invadir o sector gandeiro.
-
Vaca nunha corte comendo nun presebe, óleo de Giovanni Segantini, contra o ano 1899.
-
Moderno presebe metálico circular nunha corte de gando vacún, en Gran Bretaña.
O presebe da tradición cristiá do nacemento do Neno Xesús deixou paso, na era da reciclaxe a bañeiras que serven de comedeiro e bebedoiro aos animais en numerosas paisaxes rurais gandeiras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para presebe.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cambeleira.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comedeira.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manxadoira.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Presebe |